BRASIL PROFUNDO

en Ritmos, Cantos e Tradicións

O proxecto Brasil Profundo, en Ritmos, Cantos e Tradicións, busca difundir parte da música brasileira producida nos sertões, nos recantos que non son moi coñecidos no estranxeiro e están fóra dos circuitos mediáticos convencionais.

Consiste na realización dun concerto e un taller con músicas e ritmos do cancioneiro popular tradicional brasileiro. Estes inclúen: bumba-meu-boi, congada, folia de reis, coco, modas de viola caipira, siriri, jongo, batuques e cantorias.

No concerto, Nádia e Guilherme interpretan estas cancións tradicionais coa voz, a guitarra, a viola caipira e a percusión.

No taller, ambos comparten un pouco das historias destas tradicións, mostrando imaxes, vídeos e facendo experimentos colectivos coa voz, a percusión corporal e as danzas destas manifestacións.

Ao regresar a Brasil, os artistas propóñense compartir a experiencia vivida con nenos dunha escola pública no sertão de Minas Gerais.


Vídeo

Nádia Campos

Cantante, multiinstrumentista, compositora, investigadora, educadora e produtora. A súa voz non ten fronteiras. Camiña aprendendo e soltando trovas de moitas partes. Naceu en Belo Horizonte, Minas Gerais. O amor polas cousas sinxelas levouna polas raíces brasileiras e latinas. Percorreu diversos recantos investigando ritmos, cantos e tradicións. Presentase en diversos espazos e encontros de música e cultura popular no Brasil e no estranxeiro. Ten tres discos gravados "Porque Cantamos", "Cantigas de Beira Rio" e "Luz Peregrina".



Guilherme Melo

Multiinstrumentista, compositor e produtor audiovisual. Traballou como arranxador, director musical, compositor de música teatral, gravacións e espectáculos. Como guitarrista, actuou en diversas partes do Brasil e no estranxeiro. A súa produción está intimamente relacionada coa música e a cultura, así como coa educación popular.



Rider técnico

2 (dous) SM58 ou semellantes para voz

1 (un) Direct box para viola caipira

2 (dous) Direct box para guitarra

1 (un) SM81 ou semellante para tambor de man


Multimedia para taller (opcional)

1 (un) proxector

1 (unha) pantalla para proxector

1 (un) sistema de son